Cantiga do neno da tenda

CANTIGA DO NENO DA TENDA
 
 
Vos aires ten unha gaita sobor do río da prata
que a toca o vento do norte coa súa gris boca mollada
triste Ramón de Sismundi alo na rúa esmeralda
basoira que te basoira polvo de estantes e caixas.
 
Ao longo das rúas infindas os galegos paseiaban
soñando un val imposible na verde riba da pampa
triste Ramón de Sismundi sinteu a muiñeira da auga
mentras sete bois de lúa pacían na súa lembranza.
 
Foise pra veira do río, veira do río da prata
sauces e cabalos muos creban o vidro das augas
non atopou o xemido malencónico da gaita
non viu o inmenso gaiteiro coa boca frolida de alas.
 
Triste Ramón de Sismundi veira do río da prata
viu na tarde amortecida vermello muro de lama.