Longa noite de pedra
O teito é de pedra
de pedra son os muros
i as tebras de pedra o chan
i as reixas as portas as cadeas.
O aire as fenestras
as olladas son de pedra
os corazons dos homes
que o lonxe espreitan.
Feitos están tamén
de pedra i eun morrendo
nesta longa noite
de pedra..
O aire as fenestras
as olladas son de pedra
os corazons dos homes
que o lonxe espreitan.
Feitos están tamén
de pedra i eun morrendo
nesta longa noite
de pedra..