MAIO LONGO
Cando antre as naves tristes e frias de alto mural
cal elas fria cal elas triste o ser da tarde vou a rezar
que pensamentos locos e estranos a miña mente veñen e van
xordo silencio que eu xa coñezco que e meu amigo de anos atras
pero que cheo de outras lembranzas onde o espiritu parece que escoita
un eco mortal.
Reina dos ambitos da gran basilica con misteriosa serenidade
incertas sombras raios tembrosos cabo do altar
pousan vagean,foxen e agrandanse de diante pra atras
de prata e ouro contempla inmovil con ollos fixos canto ali esta
quen fora pedra quen fora santo dos que ali hai.
Maio longo maio longo
todo cuberto de rosas
para alguns telas de morte
para outros telas de bodas
Maio longo maio longo
fuches corto para min
veu contigo a dicha
volveu contigo a fuxir
Como San Pedro nas mans as chaves co dedo en alto como San Xoan
unhas tras outras xeneracios viran pasar
sin medo a vida que da tormento sin medo a morte que espanto da
logo se acaba na vida triste a peregrinaxe
Os homes pasan tal como pasa nube de vran
e as pedras quedan eu cando morra ti catedral
ti parda mole pesada e triste cando eu non sea ti inda seras
i as pedras quedan eu cando morra ti catedral.