O home que quiso vivir
O vento díxome cousas que non atopo nos libros
resoaba a súa no mundo igual que un sono perdido
e o mar buscaba unha aperta, buscaba un peito ou un niño
e non atopaba nada senón penedos espidos.
Recordo que era nadal, eu bebía moito viño
estábamos todos xuntos os anxos meus, os amigos.
E nos calados fumando bebendo mirando fixos
por se chegaba algún día un forasteiro ou escrito
que nos dixese que existe mais ala de todo un brilo
un sol que non ten solpores nin vacas tristes, nin grilos
Estábamos todos xuntos no meu silencio metidos
querendo que nos chegara algo estrano de outro signo
que nos sacara cal gando e nos mostrar o camiño
para pacer herba nova e choutar noutros eixidos.