
"Somos da cepa enraizada
fendida na terra que veu Breogán.
Somos da xente que loita
collida da man"
(Astarot)
SITIO WEB OFICIAL
.jpg)
somos
NOVO SINXELO
.jpg)




"Baixo a luz de Breogán"
"Baixo a luz de Breogán", un disco cargado de rock e tradición. 14 temas cos que agardamos que desfrutedes tanto coma nós a hora de facelos. Desexamos que este traballo sexa quen de aunar esa herdanza que nos brindaron os séculos de historia, e que coa axuda dos nosos amigos de Luar na Lubre poidemos darlle forma e imprimir ese toque celta que tanto nos presta.
O traballo xa está dispoñible en tódalas plataformas dixitáis, e para os que prefirades a copias físicas, ó longo do mes de maio estarán a vosa disposición.
Continuamos o camiño...
NOVO SINXELO
"SOMOS" preséntase non só como unha nova canción, senón como un intento visceral e profundo de definir a propia esencia do que significa ser galego.
A través dunha lírica cargada de simbolismo e emoción, construimos o noso manifesto de identidade.
Os versos, que resoan coma sentenzas ancestrais ("Somos o ferro candente", "Somos a roda do carro"), debuxan a nosa resiliencia, a nosa conexión indisoluble coa terra e o orgullo dun pobo traballador.
É un himno que busca resposta á eterna pregunta da nosa natureza, convertendo o sentimento de pertenza en arte sonora.
A partir do 14/03/2026
SOMOS
VIDEOCLIP - "CAMARIÑAS"
Tema: Camariñas
Album: Baixo a luz de Breogán
Data: 2022
Colaboraron : Rocío Seoane Bra, Alberto Rodeiro Francisco, Manuel Carballada . Grazas a Astrid Souto, Fernando Moledo, Ánxela Jorge Meijide, Piki, Anxo Blanco, Javier Magariños, C.C. A Ponte Vella, Eva Vilas, Cristina Teo, Vicky Avendaño, Adán Rodal, Arturo Igrexas, Vituco Neira .
VIDEOCLIP - "NEGRO CARAVEL"
Tema: Negro Caravel
Álbum: Baixo a luz de Breogán
Data: 2021
Proxecto audiovisual producido e realizado por Astarot . Baseado e Ambientado no poema "Negro Caravel" de Rosalía de Castro, incluído na súa obra "Cantares Gallegos" .Rexistrado e editado íntegramente na Comarca do Morrazo no verán de 2021 .
Reparto :
Josito Porto , Amanda Maneiro , Markinhos Drinkin .
Agradecementos : Astrid Souto, M. Carmen Portas, Mercedes Buján, Sociedade Recreativa de Calo, María Jesús Fraga, Fernando Moledo, Eva Vilas, Cristina Teo, M. Victoria Avendaño, Marcos Elías (Piki), José Luís Souto, Antonio Traba, Sei San Narciso, Montserrat Puime, Vituco Neira, Kike Goyplasón .
VIDEOLYRIC - "CHOVE EN SANTIAGO"
Tema: Chove en Santiago
Álbum: Baixo a luz de Breogán
Data: 2021
Proxecto audiovisual producido e realizado por Astarot . Baseado e ambientado no poema "Madrigal a cibdá de Santiago" de Federico García Lorca do seu poemario galego.






