top of page

"Somos da cepa enraizada
fendida na terra que veu Breogán.
Somos da xente que loita
collida da man"
(Astarot)
SITIO WEB OFICIAL
.jpg)

![]() 01 |
|---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
a partir do 14/03/2026
"SOMOS" preséntase non só como unha nova canción, senón como un intento visceral e profundo de definir a propia esencia do que significa ser galego.
A través dunha lírica cargada de simbolismo e emoción, Astarot constrúe o seu manifesto de identidade. Os versos, que resoan coma sentenzas ancestrais ("Somos o berro candente", "Somos a roda do carro"), debuxan a nosa resiliencia, a nosa conexión indisoluble coa terra e o orgullo dun pobo traballador. É un himno que busca resposta á eterna pregunta da nosa natureza, convertendo o sentimento de pertenza en arte sonora.
No apartado musical, a banda arrisca rompendo estruturas clásicas e para ofrecer unha auténtica rapsodia de rock progresivo.
A composición é unha viaxe dinámica onde a contundencia das guitarras eléctricas e a pegada da batería dialogan de ti a ti coa solemnidade da gaita e os arranxos corais.
Prodúcese unha simbiose entre a vangarda do rock moderno e a tradición do folclore, creando unha atmosfera épica que envolve dende o primeiro compás.
Todo este edificio sonoro susténtase nunha produción técnica de selo MADE IN GALICIA.
Somos
bottom of page





