
"Somos da cepa enraizada
fendida na terra que veu Breogán.
Somos da xente que loita
collida da man"
(Astarot)
SITIO WEB OFICIAL
![]() |
|---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
DE ONDE VIMOS
Astarot nace no ano 1983 en Cangas do Morrazo (Galicia) .
En 1989 gravan nos estudios Musitrón (Madrid) o seu primeiro vinilo "Donde se hospeda el pasado", coa produción de Alfredo Garrido. En 1990 o grupo queda finalista no concurso Pop-Rock Gordons, organizado pola cadea de radio 40 Principales despois de presentarse xunto con setecentos grupos.
En 1994 gravan o segundo disco "Respirando", editado para España e Portugal. Producido por Astarot e José Manuel Tasende, gravado nos estudios Cormorán de Padrón.
O terceiro disco é “Apuesta y gana”. Tamén gravado nos estudios Cormorán, musicando por vez primeira a Rosalía de Castro en "Airiños airiños aires" e recivindo o premio "Tema do Ano1995" da CRTVG .
O cuarto disco está compartido coa banda The Refrescos e foi gravado nos Estudios Areamaster (Vigo).
É un disco experimental, gravado totalmente en galego.
Na presentación deste disco, en 1998, xuntáronse con Milladoiro na festa do 75 aniversario do Real Club Celta de Vigo, compartindo cartel con Carlos Santana.
O quinto traballo “O sentir dunha terra” foi gravado nos Estudios Areamaster (Vigo), e serve de homenaxe á cultura musical galega, con versións rock de todo tipo de autores. Conta con colaboracións como Suso Vaamonde, Los Tamara, Mini (A Quenlla),Susana Seivane , Fuxan os Ventos, Javi Maneiro (Heredeiros da Crus), Saraibas ou Xocas.
O sexto disco é “Longa noite de pedra”, onde se musican poemas de grandes autores galegos, como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Baldomero Iglesias, Bernardino Graña, Méndez Ferrín, Castelao ou Darío Xohán Cabana.
En 2012 o grupo comeza a preparar o seu sétimo traballo discográfico nos estudios Musitrón de Madrid, coa produción de Alfredo Garrido. Este novo traballo, “Séptimo pecado”, baséase nas composicións propias do grupo, sen deixar de lado as homenaxes á música da súa terra. O disco está formazo por dezaoito pistas e conta coa colaboración de Rosa Cedrón.
No ano 2015 edítase o DVD "Fusión" rexistrado nun concerto en Cangas do Morrazo en conxunto coa Banda de Música Bellas Artes e a Coral Lestonac, diánte de 12.000 persóas.
No ano 2017 publican “Una vida en un segundo” un doble traballo con 13 temas inéditos e 8 clásicos galegos. Astarot coquetea co rock sinfónico incluíndo en bóa parte dos seus temas unha orquestra de cámara dirixida polo venezolano David Moreira. O traballo conta coa colaboración de Alberto Cereijo (Los Suaves) . Gravado nos Estudios Musitrón (Madrid) baixo a producción de José Luís Garrido .
A banda recibe no 2021 o premio a traxectoria cultural "Xohán de Cangas".
No 2022 Astarot presenta o disco “Baixo a Luz de Breogán” para celebrar os seus 39 anos de andaina musical como unha das bandas referentes do rock galego acompañada en varios temas do grupo Luar na Lubre imprimindo un fime carácter celta.
Neste traballo discográfico, a banda rende homenaxe outra vez a autores que marcaron a Literatura en lingua galega, como Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Xela Arias ou Celso Emilio Ferreiro.
No 2023, Astarot celebra o seu 40 aniversario cun concerto especial cheo de colaboracións de grandes amigos e compañeiros de profesión ( Luar na Lubre, Lucía Pérez, Rosa Cedrón, Alberto Cereijo e Fernando Calvo de Los Suaves, Xosé Luis Rivas "Mini", Tonhito de Poi, Raquel Pato, Josito Porto e Vituco de Ruxe Ruxe).
Ése mesmo ano con motivo do aniversario publica a revisión do clásico "Sementeira".
Xa no 2024 lanza tamén a revisión de "Romance da Lavandeira" e catro singles máis en directo rexistrados na súa gala de aniversario, "Lela", "Muller", "Negro Caravel" e "Quen poidera namorala".
Neste 2026 Astarot presenta o single "Somos" non só como unha nova canción, senón como un intento visceral e profundo de definir a propia esencia do que significa ser galego.
ASTAROT son :
Juan A. Antepazo – Voz principal
Carlos Gandón – Guitarras e coros
Carlos Rodal – Baixo
Nano Vikendi – Guitarras e coros
José M. Piedra - Batería


























